Páginas vistas en total

jueves, 9 de mayo de 2013

Outro xornalismo é posible



Rosa María Calaf: "Si, hai alternativas. Outro xornalismo é posible"

http://www.tempodelecerourense.com/novas/consultar/1119/rosa_maria_calaf_si_hai_alternativas_outro_xornalismo_e_posible


Rosa María Calaf (Barcelona, 1945)

Traballou en Radio Televisión Española dende 1970 ata a súa xubilación. Rosa María Calaf é sen dúbida unha decana das corresponsalías de Televisión Española. Visitou 170 países e estivo de correspondente en New York, para Estados Unidos e Canadá (1983-1987), en Moscú para a Unión Soviética (1987-1989) e en (1996-1999) para Rusia. En Bos Aires para América Latina (1989-1993), en Roma para Italia e o Vaticano (1993- 1996), en Viena e para os
 Países do Este e Os Balcáns (1996). A súa última etapa en TVE pasouna cubrindo a ampla área de Ásia-Pacífico (1999-2007).

Pero antes de inicia-la súa exitosa carreira no estranxeiro destaca tamén o seu paso pola Televisión de Cataluña, na súa etapa fundacional, onde foi directora de programación e producción en 1983. E con anterioridade ao seu labor informativo en TVE traballou como xornalista radiofónica e colaborou con magazines e programas como “300 millones” o que lle permitiu viaxar por toda América Latina.

Con case 40 anos de exercicio da profesión como xornalista o seu traballo destaca sobre todo, pola súa calidade, rigor, honestidade e compromiso coa excelencia informativa. Rosa María Calaf encarna ese xornalismo de servizo público, sobrio e fiable tan escaso na actualidade nos medios de comunicación de masa, máis interesados en contentar ao poder económico e político para subsistir nesta crise de valores que vive o xornalismo no século XXI, que en ofrecer información de calidade e de interese para os cidadáns. A súa xubilación está a ser moi activa, e non deixa de viaxar, pola súa paixón polas viaxes e tamén para colaborar de xeito altruista con numerosas institucións e ofrecer aos que a queiran escoitar o seu lúcido punto de vista sobre o xornalismo e o seu exercicio.

Ao longo da súa traxectoria profesional, Rosa María Calf recibiu numerosos premios:
- Lazo de Dama da Orden del Mérito Civil (1993).
- Premio Ondas 2001 á mellor tarefa profesional.
- Micrófono de Plata Especial 2001 da Asociación de Profesionais de Radio e Televisión.
- Ábaco de Oro-Español del Año pola cobertura informativa do SARS da Cámara de comercio de España en Hong Kong.
- Oficio de Periodista 2003 do Colexio de Periodistas de Cataluña.
- Premio Protagonistas 2004 TV - Onda Cero.
- Premio Ana Tutor 2005.
- Premio Casa Asia 2005 pola cobertura informativa do tsunami.
- Pulse Club Internacional de Prensa 2006 á mellor tarefa informativa no estranxeiro.
- Premio Etnosur 2006 (Jaén) pola tarefa en favor da diversidade.
- Pulse Club de las 25 2007 (Madrid) á mellor traxectoria profesional.
- Premio Ciudad de Frías 2007 (Burgos) pola reportaxe “Encuentro en Vanuatu”.
- Women Together Award 2007 (Naciones Unidas, Nueva York) pola traxectoria profesional en favor dos obxectivos do milenio.
- XXIII Premio de periodismo Cirilo Rodríguez 2007 da Asociación da Prensa de Segovia ao mellor traballo de correspondente e enviados especiais no estranxeiro.
- Premio de la Federación de Mujeres Progresistas 2007 polo seu traballo a favor da igualdade.
- Premio Toda una Vida 2007 outorgado pola Academia da Televisión de España.

* Recentemente ven de nacer un premio co seu nome: premio Rosa María Calaf de Investigación Social, que organiza o Concello de Alcalá la Real (Jaén), Alcalá Grupo Editorial, Fundación Cruzcampo e a Universidade de Jaén. O obxectivo deste galardón é fomentar a busca sobre os grandes problemas que afronta o mundo no século XXI: medio ambiente, migracións, terrorismo, fame, conflitos armados, violencia, antropoloxía urbana, movementos sociais, mestizaxe, solidaridade, etc.

Na actualidade tamén colabora coa Universitat Rovira y Virgili de Tarragona e está a levar a cabo o proxecto na Internet
 http://www.rosamariacalaf.mydocumenta.com/.


"Una ciudadanía que no cuenta con una prensa rigurosa, independiente y fuerte en la que confiar, ve peligrar seriamente la consolidación democrática y la defensa de las liberttades" Calaf


Watch live streaming video from acampadaourense at livestream.com